Miña avoa, a de Muxía

¡Ai avoa!

Hai tempo descubrín que a través de internet atopas xente que paga a pena coñecer.

Descubrín tamén que cando pasas dos 20 anos, a idade é só un número e que podes conectar con xente 10 anos máis nova ou 50 anos máis vella.

¡E logo!

Criada a medias cos meu avós, teño especial preferencia pola xente maior que vive nas vilas de Galicia e coñeceu a guerra civil.

A miña admiración pola avoa Amelia xunta todas estas cousas. Galega e emigrante coma son, o seu blog era o áncora virtual coa miña terra e as miñas raigames.

A avoa Amelia xa non está. Queda o seu testemuño.

http://amis95.blogspot.com/2009/05/descanse-en-paz.html

Síntoo ben.

¿E ti? ¿Seguíala no net? ¿Coñecíchela en persoa? ¡¡Déixanos un comentario!!

E se queres lerme máis en galego, non dubides en consultar Os pasos